xoves, 29 de maio de 2014

FACEMOS NAVES ESPACIAIS CON PERAS E ANANÁS EN XAROPE...

PREPARAMOS OS INGREDIENTES QUE PRECISAMOS


COAS PERAS XA PELADAS COLOCAMOS OS MIKADOS DE CHICULATE COMA SE FOSEN AS PATAS DAS NAVES. COLOCAMOS A PIÑA COMA SE FOSE O ARO DA NAVE E LACASITOS PARA SIMULAR AS LUCES












E DESPOIS... A PROBAR O RIQUÍSIMAS QUE ESTÁN!!!





sábado, 24 de maio de 2014

FACEMOS ZUME DE FRESAS....

Os peques do cole fixeron zume de fresas. As fresas están riquísimas, pero o zume? tamén estará?

EMPREGAMOS UNHA LICUADORA PARA AXILIZAR O PROCESO



 


DESPOIS PROBÁMOLO E... ESTABA ALGO AMARGO, PERO GUSTOUNOS MOITO, MOITO. 









sábado, 17 de maio de 2014

E TI... DE QUE FROITA ES?

No mes de maio, cando nos comunicaron que nos concederan o consumo de froita fresca para o noso colexio, quixemos saber cales eran as froitas que máis lles gustaban ao noso alumnado e así satisfacer os seus gustos. Para elo propuxémoslles un xogo: E TI... DE QUE FROITA ES? Tiñan que escribir o seu nome ao carón da súa froita preferida; este foi o resultado:

 
 

luns, 12 de maio de 2014