martes, 30 de abril de 2019

CURSO 2018-19

CURSO 2018-19

 FAITE ECO DO LÓXICO

Primeiro trimestre:

1-Composteiro.Acondicionamos o vello composteiro; retiramos o compost feito durante o curso 2017/18 e preparamos para empezar de novo coa acumulación  progresiva de residuos procedentes da cociña e do xardín do centro . Participa alumnado de 2º ESO . Estos estudantes comprometéronse coa recollida do material compostable ao longo de todo este curso escolar.

2  Bancais 

1º ESO . Empezaron  en outubro preparando o bancal para plantar a verdura de inverno: espinacas de Nova Zelanda(tetragonias) e brécol neste caso. Acordaron plantar esta dúas especies porque son as máis aceptadas entre eles.
En novembro , prepararon un bancal e plantaron allos para realizar o seu proxecto de investigación científica : estudo da taxa de xerminación en función da data de plantación (novembro e xaneiro).Como actividade transversal recollleron ditos populares no seu entorno relacionados co allo .Completaron este trimestre coa limpeza de malas herbas no bancal dos amorodos .Resaltando a importancia das árbores autóctonas para o medio e o valor nutritivo dos froitos secos , intentan obter novos exemplares de castiñeiro e noceira ; plantamos castañas e noces en tetrabriks para despois plantar na contorna do centro ou levar ás súas casas .

4º ESO .Prepararon un novo bancal ( limpeza e abonado) para realizar o seu proxecto de investigación ;
estudo da taxa de xerminación dos chícharos en función da profundidade á que se planten . Aplázase ata xaneiro a sementeira dos chícharos porque os bancais están enchoupados .



Debido ao mal tempo non se fixeron todos os traballos programados cos bancais , ainda así cada curso de Secundaria sementou e coidou o seu propio bancal .
1º ESO - Os alumnos coidaron o seu bancal de allos , espinacas e amorodos .
2º ESO . Os alumnos plantaron distintas variedades de leituga e pementos morróns.
3º ESO Os alumnos plantaron millo e tomates en bancais diferentes .
4º ESO Os alumnos plantaron chícharos e colocarónlle soportes . Esperan o froito para agora o final do trimestre.
En todos os bancais empregaron como abono o compost preparado ao longo do curso anterior 

                                                         


O pasado martes 7 de maio houbo unha charla sobre Agricultura Ecolóxica no centro para  os alumnos de Secundaria  do centro .


    HÁBITOS DE VIDA SAUDABLE 



O grupo de 2ºESO ten 6 alumnos. O noso obxectivo no inicio do curso e analizar a súa primeira inxesta do día : o almorzo e comprobar si tendo en conta a súa idade, o seu sexo e a súa actividade física diaria convén almorzar tal e como o van facendo.

Nos organizaremos da seguinte maneira :

Paso 1 : Facer una choiva de ideas para ver o que asocian coa palabra “Almorzo”.  Saíron moitas veces preguntas, dúbidas sobre os alimentos que se recomendan consumir  nesta primeira comida do día, razóns por las que almorzar o no….

Paso 2 : Durante unha semana rexistraron os alimentos que tomaban a la hora de almorzar. A continuación lo comentamos en clase sen aínda analizalo en profundidade. Tres tiñan a costume de almorzar  todos os días (cereais tipo Kellogg´s o froita o tostadas de pan o café descafeinado ), outros tres invocan a falta de tempo, a falta de fame o o mareo padecido no bus escolar consecutivo a la inxesta.  

Paso 3: Ler un cartel que deseñaron  os alumnos do grupo do curso anterior cuxa idea era propoñer almorzos saudables así como piscolabis saudables durante un período de dúas semanas. Os nosos seis  alumnos tiveron que analizar este cartel e ver cales eran os grupos de alimentos que se recomendan consumir. Para o almorzo : cereais, froita e bebida (leche, bebida vexetal, iogur…) e para o piscolabis (froita fresca e froitos secos).

Paso 4 : Formar tres grupos de traballo

Grupo 1 : cereais (cereais o pan ? Pan branco o pan integral ?que tipo de cereais se recomenda consumir ?....)
Grupo 2 : froita fresca (de temporada, en zume, en compota…..)
Grupo 3 : froitos secos (en que cantidade ? de que  tipo ?....)

Paso 5 : Dar a coñecer a duración da actividade, e a avaliación dela. Cada grupo ten 5  sesións para reunir a información, buscar imaxes para ilustrala. Preparar os seus propios carteis e a exposición oral que terá lugar diante de todos os seus compañeiros de instituto.
Paso 6 : Ao final, terán que comprometerse a rexistrar, analizar e avaliar a súa propia inxesta a la hora do almorzo e del piscolabis  durante un período de tempo acordado tendo en conta as recomendacións que formulamos.



Este traballo avaliarase da seguinte maneira :
50 %  ( o cartel , o profesor observara se o cartel contempla  os aspectos principais a tratar do tema, se as ilustracións son relevantes, se a información e correcta,se  o color permite jerarquizar a información, se e creativo)
25% (presentación oral )
25% (o traballo onde consta a súa propia inxesta, obviamente no a primeira sino a final )

O segundo tema que tratamos na primeira avaliación foi : “aprender a ler a etiquetaxe dos alimentos”, tanto  analizar a lista dos ingredientes como a desmenuzar a información nutricional.
Aprendemos o que significa o orden dos alimentos na lista de ingredientes, para que serven os aditivos (https://elcomidista.elpais.com/elcomidista/2016/12/22/articulo/1482395986_534447.html)
Os alumnos trouxeron a clase os  envoltorios de varios alimentos ( galletas, bebidas azucradas, chocolate, cereais…), a primeira tarefa foi facer a lista da información nutricional  obrigatoria na etiquetaxe. Fixemos tamén hincapié nas graxas, o azucre e a cantidade de sal que contén eses alimentos.
Rematamos a avaliación co estudio do semáforo  nutricional: analizamos ó semáforo orixina,, ó modificado da industria e ó nutri-score.


DEGUSTACIÓN DE PRODUCTOS REALIZADA O XOVES 9 DE MAIO




O día 9 de maio, celebrouse unha exposición, degustación de alimentos saudables. co grupo de 2º ESO na asignatura de Hábitos de vida saudables, Os alumnos co fin de promover hábitos sanos a hora de almorzar, prepararon  un tentempé.,   recopilaron refráns en varios idiomas ligados coa alimentación do tipo : " O home é o que come", "quien quisiera vivir sano, coma poco y cene temprano", "Tell me what you eat and I tell who you are " ...
Nun  segundo momento, afinaron  a selección. Buscaron refráns incluindo nomes de froitas e verduras. " One apple a day keeps the doctor away", " zume de limón, zume de bendición ", "aceite y romero, bálsamo divino".... Buscaron información sobre os nutrintes, as propiedades  destas froitas e verduras, prepararon carteis recopilando o anterior , así como imaxes de froitas e verduras . Compramos pans de varios tipos: Kamut, integral de trigo, centeo e propuxemos probar estes pans con tomate, allo, pemento vermello, aceite de oliva. Como  froitas de tempada tivemos laranxa, mazá e albaricoque.


BOCADILLOS DA AMIZADE


Nesta actividade o alumnado de 6º de infantil elaborou bocadillos en forma de corazón e despois degustáronnos con moito gusto xa que foran preparados con moito cariño polos/as seus/súas compañeiros/as de clase.
E.F.

Nas clases de educación física o alumnado xogou a diferenciar alimentos sans (os que poderíamos comer todos os días) dos alimentos que non son tan sans (que non se poden comer todos os días). Desta forma concienciamos ao alumnado no consumo de alimentos como froitas, hortalizas, pescados, produtos en conserva, … e dámoslle a coñecer os seus  beneficios sobre a saúde e a mellora da calidade de vida.





FRECHAS DE FROITA


Que ricas lles quedaron ao alumnado de 6º de infantil esas frechas de Cupido con froitas diversas. A pena foi o pouco tempo que lles duraron a todos/as nas súas mans. Que ricas estaban!