xoves, 20 de xaneiro de 2022

ENQUISAS SOBRE AS NOSAS MERENDAS

 Velaquí deixamos acceso a catro infografías que recollen os resultados das enquisas sobre os hábitos de merenda que realizaron as familias de Infantil, Primeiro e Segundo de Primaria e o alumnado de 3º a 6º. 

As enquisas agrúpanse do seguinte xeito, pica no enlace de cada unha para acceder a elas: 

- Resultados da enquisa de Infantil

- Resultados da enquisa de 1º e 2º

- Resultados da enquisa de 3º e 4º

- Resultados da enquisa de 5º e 6º


Gracias a todo o alumnado de 3º a 6º por participar e tamén a aquelas familias de Infantil, 1º e 2º que dedicastes uns minutos a cubrir a enquisa. 




venres, 14 de xaneiro de 2022

DEGUSTACIÓN DE QUEIXO, PAN E MEL

 O día 2 de decembro e no marco do Aliméntate ben, desenvolvemos en Secundaria unha degustación centrada no queixo, o pan e o mel como opcións de merenda saudable. O obxectivo desta degustación foi dar a coñecer produtos saudables que podemos traer como merenda, fomentar o coñecemento de queixos producidos na contorna e, sobre todo, dar exemplos prácticos que o alumnado poida incluír facilmente na súa merenda de media mañá. 

A degustación centrouse nos seguintesprodutos:  

- Queixo ecolóxico Carmiña de A casa grande de Xanceda (Mesía). 

- Queixo con denominación de orixe Tetilla da queixería Barral (Pantiñobre, Arzúa). 

- Queixo Delicias de A tenda dos queixos, queixería Arosa (Xanceda, Mesía).

- Queixo de cabra da queixería Suerte Ampanera adquirido nunha tenda ecolóxica. 

- Pan ecolóxico de catro variedades diferentes. 

- Mel de Abella Carmela (Boqueixón).

 

Agradecémoslle ás queixerías Barral, A Casa grande de Xanceda e á queixería Arosa, a doazón que fixeron de queixos para poder degustalos neste proxecto. Moitas gracias!