O día 2 de decembro e no marco do Aliméntate ben, desenvolvemos en Secundaria unha degustación centrada no queixo, o pan e o mel como opcións de merenda saudable. O obxectivo desta degustación foi dar a coñecer produtos saudables que podemos traer como merenda, fomentar o coñecemento de queixos producidos na contorna e, sobre todo, dar exemplos prácticos que o alumnado poida incluír facilmente na súa merenda de media mañá.
A degustación centrouse nos seguintesprodutos:
- Queixo ecolóxico Carmiña de A casa grande de Xanceda (Mesía).
- Queixo con denominación de orixe Tetilla da queixería Barral (Pantiñobre, Arzúa).
- Queixo Delicias de A tenda dos queixos, queixería Arosa (Xanceda, Mesía).
- Queixo de cabra da queixería Suerte Ampanera adquirido nunha tenda ecolóxica.
- Pan ecolóxico de catro variedades diferentes.
- Mel de Abella Carmela (Boqueixón).
Agradecémoslle ás queixerías Barral, A Casa grande de Xanceda e á queixería Arosa, a doazón que fixeron de queixos para poder degustalos neste proxecto. Moitas gracias!
Ningún comentario:
Publicar un comentario