xoves, 17 de decembro de 2015
AS FROITAS E O NADAL
Hoxe "xogamos" coas froitas de outono e algunha que outra propia doutra época que nos custou un pouquiño atopala. E fixemos unha ricas receitas, mirade, mirade, que ben o pasamos; e o mellor de todo foi que estaban riquísimas...
xoves, 10 de decembro de 2015
Froitos do outono
A piques de rematar o outono os peques de 4 anos xa teñen listo o seu libro dos froitos do outono; elaboraron cada unha das froitas do outono dun xeito diferente: picado, con témpera, con ceras brandas, con ceras duras, con acuarela, con papel charón,... e escribiron o nome de cada unha delas. Aquí vos deixamos unha mostra:
venres, 27 de novembro de 2015
DECORAMOS CABAZAS....
Un dos froitos típicos do outono son as cabazas, e se o xuntamos coa tradición do Samaín o resultado será....
MOITAS GRAZAS AO NOSO ALUMNADO!!!!
venres, 13 de novembro de 2015
Hoxe comemos catañas asadas e cocidas....
Hoxe festexamos o masgosto, e despois dunha mañá chea de xogos tradicionais chegou o gran momento: a desgustación dun dos froitos do outono por excelencia: AS CASTAÑAS.
Asadas e cocidas, feitas polas nosas cociñeiras e o noso conserxe comemos ata fartar e estaban.... riquísimas.
Asadas e cocidas, feitas polas nosas cociñeiras e o noso conserxe comemos ata fartar e estaban.... riquísimas.
martes, 27 de outubro de 2015
FACEMOS CABAZAS PARA O SAMAÍN
Hoxe os peques de infantil adicaron un anaquiño da mañá a baleirar cabazas e preparalas para a exposicón que están facendo no cole. Mirade que ben o pasamos.
mércores, 21 de outubro de 2015
NA BUSCA DE CASTAÑAS....
Hoxe os peques de infantil saímos na busca de castañas; e atopámolas e moitas máis cousas do outono: landras, follas,...
luns, 12 de outubro de 2015
FROITOS DO OUTONO
Chegou o outono e con el gran cantidade de froitas, todas elas riquísimas. Coa axuda do noso alumnado orgnaizamos esta pequena-gran exposición de froito da tempada.
xoves, 17 de setembro de 2015
FROITA NA ESCOLA NO CURSO 2015-2016
Arrinca un curso máis e xa estamos preparando un montón de actividades para fomentar o consumo de froita entre o noso alumnado. Faremos varias actividades e non só nos basearemos no consumo de froita propiamente dito, tamén se realizarán exposición de froitas da tempada, búsqueda de información (nutrientes, calorías,...) relacionada coas froitas, rimas, cantigas,... transformacións: baticos, brochetas, zumes,...
E estamos pendentes da concesión, un ano máis, da distribución de froita fresca nas escolas por parte do FOGGA.
E estamos pendentes da concesión, un ano máis, da distribución de froita fresca nas escolas por parte do FOGGA.
venres, 12 de xuño de 2015
xoves, 11 de xuño de 2015
mércores, 10 de xuño de 2015
martes, 9 de xuño de 2015
luns, 8 de xuño de 2015
xoves, 4 de xuño de 2015
venres, 29 de maio de 2015
E PARA REMATAR A SEMANA... ALBARICOQUE
Rematamos a semana da froita con albaricoque, que, por certo, estaba riquísimo.
E os peques de infantil e os de 1º de primaria fixemos brochetas de primavera
E os peques de infantil e os de 1º de primaria fixemos brochetas de primavera
xoves, 28 de maio de 2015
QUE BOAS ESTABAN AS CEREIXAS....
Hoxe tocaron cereixas e estaban riquísimas. Comémolas todas. (premendo na cestiña verás moitas fotos)
E pasamos momentos divertidísimos pintando con elas. Coas mans, cos beizos,...
E pasamos momentos divertidísimos pintando con elas. Coas mans, cos beizos,...
mércores, 27 de maio de 2015
ZUME DE POMELO
Hoxe os pequenos vagalumes de tres aniños fixemos zume de pomelo. Estaba boísimo, pero algúns de nós tivemos que botarlle azucre porque nos sabía algo amargo.
HOXE... PARAGUAIO
Hoxe tocou paraguaio. Estaba riquísimo. Preme na cestiña para ver as fotos:
E mirade que fondue de chiculate e paraguio fixemos os nenos e nenas de 1º de primaria
E mirade que fondue de chiculate e paraguio fixemos os nenos e nenas de 1º de primaria
martes, 26 de maio de 2015
DIS-FRUTA-MOS CON AMORODOS
Hoxe disfrutamos tomando amorodos. E vaia se disfrutamos. Os peques de infantil tomáronos con nata, os de primeiro de primaria fixeron batido e os demáis comemos ata fartar. Aquí vos quedan as fotiños para darvos envexa.
E mirade que ben o pasaron os de primeiro facendo o seu batido, contanto coa axuda das nosas super-cociñeiras.
E os peques de infantil tomando os amorodos con nata. Que ben o pasaron!!!
E mirade que ben o pasaron os de primeiro facendo o seu batido, contanto coa axuda das nosas super-cociñeiras.
E os peques de infantil tomando os amorodos con nata. Que ben o pasaron!!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)