domingo, 18 de decembro de 2016

Brebaxe...

Os nenos e nenas de infantil estamos a traballar nestre primeiro trimestre o proxecto dos Piratas. Xa sabemos os piratas teñen moitas enfermidades debido á falta de hixiene e á mala alimentación e que facían brebaxes varios para tentar curalas ou, cando menos, paliar os seus efectos, decidimos facer nós tamén un brebaxe contra o escorbuto: a caída de dentes, por falta de vitamina C.

Puxémonos mans á obra e decidimos entre todos os vagalumes de 5 anos que o noso brebaxe constaría de dúas culleradiñas de azucre, medio vasiño de zume de laranza e outro medio de zume de limón. Listos os ingredintes había que preparalo e probalo; se queres velo clicka na botella.

https://photos.google.com/album/AF1QipOB2EOuvhnDoKRbuGkQnl2mLGEKCIICXhasep4d?hl=es

martes, 6 de decembro de 2016

Inauguración da horta en infantil

O pasado 17 de novembro demos por inaugurada a horta do cole. Fomos sachar un pouquiño para preparar a terra e así poder prantar. Pasámolo xenial. Clika na imaxe e veralo...

https://photos.google.com/album/AF1QipPLwMwIULZcyTRiJj1NbWsiqUhCvb_QCxUctUqZ

venres, 4 de novembro de 2016

Zume de arándanos

Hoxe os peques de 6º de infantil probamos froitas novas, nesta ocasión fixemos zume de arándanos. Temos que dicir que non o probáramos antes e gustounos moitísimo. 


xoves, 3 de novembro de 2016

Cociñamos polo Samaín

Hoxe iniciamos o xa IX Taller de Cociña en Educación Infantil. Ao longo do curso iremos facendo recitas divertidas que permitan que os nosos pequenos se acheguen a alimentos pouco frecuentes nas súas dietas; sen diexar de lado os doces, que, de cando en vez, tamén deben formar parte da dieta, pero facendo fincapé no seu consumo esporádico.

Hoxe os peques de 6º de infantil fixemos sandwiches de figuras de samaín: cabazas, morcegos, pantasmas, buhos,...



Os peques de 5º de infantil fixemos arañas....


martes, 21 de xuño de 2016

Taller de froitas....

Hai tempo que o alumnado de ESO disfrutou dun taller de froitas a cargo do CENTRO PIÑEIRAL, se queredes ver canto DIS-FRUTARON mirade este vídeo

luns, 20 de xuño de 2016

TOMAR FROITA.... MOLA

Os peques de catro ano levamos todo o curso aprendendo cousiñas sobre as froitas e despois deste tempos chegamos á conclusión de que.... TOMAR FROITA MOLA.
Queredes saber porqué?



sábado, 11 de xuño de 2016

El twist de las frutas

Hai un tempo deixámovos por aquí o TWIS DE LAS FRUTAS a modo de canción; agora toda o conto:

venres, 10 de xuño de 2016

VENRES: UN POUCO DE TODO

E hoxe fomos de excursión á Coruña, pero non nos esquecemos de levar connosco as nosas amigas as froitas. Non temos fotos pero tomamos froita, moita froita.

venres, 27 de maio de 2016

mércores, 25 de maio de 2016

BATIDO DE AMORODOS

Hoxe os peques de 4 aniños non tomamos uvas porque nos gustaron tanto, tanto os amorodos de onte que... decidimos facer batido. E saíuchenos ben bo; estaba riquísimo

MÉRCORES: UVAS

https://picasaweb.google.com/cpi.ponte.carreira/6300962568860799745#slideshow/6300962742810086242

MÚSICA

Queres pasar un anaco divertido cas túas amigas as froitas???? Aquí che deixamos varias cancións:

martes, 10 de maio de 2016

Facendo bodegóns

Os nenos e nenas de 1º e 2º de primaria levamos uns días elaborando uns bodegóns que nos están quedando chulísimos. A técnica que empregamos é a estampación de froitas. Mirade, mirade: 















luns, 7 de marzo de 2016

LUNS: MANDARINA

Iniciamos as semanas de consumo de froita fresca. Esta primeria semana comezámola tomando... mandarina. Se premes na imaxe pode ver máis fotos.

https://picasaweb.google.com/cpi.ponte.carreira/6300875054346568705#slideshow/6300879025899959970

martes, 1 de marzo de 2016

FROITA FRESTA 2015-2016

Un curso máis que nos concederon a distribución de froita fresca no cole. As datas están por confirmar, pero seredes avisados de antemán.
Mentres tanto, no colexio estamos a fomentar o consumo de froita fresca entre o noso alumnado e profesorado; así que, non deixedes de visitarnos para ver cantas cousas facemos e recordade....