luns, 27 de febreiro de 2017

Entroido 2017

Inmersos no plan proxecta "O sabor da aventura está no mar" festexamos o noso entroido deste xeito; coa temática do mar apareceron polo colexio moitísimas variedades de animais mariños e profesións relacionada co mar. Todo culminou coa gran festa de entroido o pasado venres 24. Aquí vos deixamos unhas fotiños do noso entroido marítimo.

https://photos.google.com/share/AF1QipPeHmnQKc6Pq5IykR26Ik440hFNhtHaEm42WLdzMGrk4tgg6lwjYO_8Erfn35qL0w?key=d0MwSGh4LTFpTVJxN1ZIMW10Z05xaTlQX242UUlB

E como non podía ser doutro xeito, o noso XAN PERICÁN acudiu ben preparado para a ocasión cos seus mandadiños



mércores, 1 de febreiro de 2017

HORTO ESCOLAR

Este curso un grupo de profesoras decidimos empezar a traballar por proxectos e para iso decidimos crear un proxecto denominado "Horto Escolar" . O fin último é mostrar ao alumnado e á comunidade educativa as posibilidades de crear  un horto ecolóxico nas súas casas e de que vexan como repercute tanto na súa saúde coma na súa economía . Para iso  votamos man dun experto , D. Rosendo Luis Estévez Parada, que nos informa tanto a nivel teórico como práctico dende como facer un composteiro , ata a facer un semilleiro , pasando pola elaboración de bancais para plantar .


1º día - o 24 de outubro tivemos unha charla sobre agricultura ecolóxica e despois fíxose o composteiro







2º DÍA - 21  DE NOVEMBRO , explicación da invasión de semillas foráneas e de como facer un semilleiro e realización dun por alumno 


3º día  28 de NOVEMBRO - elaboración de bancais 
4ºdía - 13 de marzo -transplantamos fresas no horto onde xa estaban  plantados tomates , allos , cebolas , guisantes e empezamos a preparar un cuarto bancal máis grande para sementar  liño .
5ºdía  - 20 marzo . Rosendo explícanos distintas fórmulas naturais para combatir as pragas . Por exemplo reciar as follas das patacas con auga , vinagre e sal ...Tamén vimos algunhas follas con pragas .


6ºdía  22  de Maio- Rosendo estívonos explicando como enxertar determinadas árbores , sobre todo froiteiras .
7º día 29 de Maio  - resumo do feito nas seis sesións anteriores .