venres, 31 de marzo de 2017

VENRES: PERA

E rematamos a primeira semana de distribución de froita nos recreos tomando pera, que estaba boísima. Para final de abril, outra semaniña máis. Preme na foto se queres ver máis fotos.


xoves, 30 de marzo de 2017

Plantamos guisantes

Hoxe os maiores de infantil plantamos guisantes, pero non o fixemos na horta. Fixémolo nun basiño de plástica con algodón, así cando empecen a xerminar podemos ver as súas raíces; logo transplantarémolos na horta.




XOVES: UVAS

E hoxe DIS-FRUTA-MOS con uvas. Se queredes ver fotiños xa sabedes... a clicar na imaxe.

https://photos.google.com/share/AF1QipOkiS9pbZwsCbIfMAp1jQo1VGu9ozLzGTVXpDhcYShQA9Pb6FCBZPjufhIJFF5RRA?key=UEtnMUZyQTV2LTBsT1lKeU5mQlJXRGlFVHNtX2N3

mércores, 29 de marzo de 2017

MÉRCORES: MAZÁ

Que boísimas eran as mazás que comemos hoxe. E ademáis, estaban riquísimas... mirade mirade


(clika na imaxe e verás máis fotos)

martes, 28 de marzo de 2017

O sabor da aventura está no mar

O pasado 23 de marzo poidemos disfrutar do obradoiro O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR; foi unha mágoa que non poidesesemos estar todos, pois máis da metade do alumnado non poido asisitir debido á alerta metereolóxia, e o non foi posible mudar de data o obradoiro. Aquí vos deixamos unhas fotiños desa mañá. 


MARTES: AMORODOS

Que ricos que estaban os amorodos que tomamos hoxe....; clika na imaxe e verás


luns, 27 de marzo de 2017

LUNS: PLÁTANO

Iniciamos a primeira semana de distribución de froita na escola tomando... plátano. Se queres ver fotos clika na imaxe.

martes, 7 de marzo de 2017

Coidamos de DIAMANTE

Que contentos estamos os vagalumes de 5 anos coa nosa mascota e coidámola un montón; o xoves, cando "apareceu" na aula decorámoslle a peceira para que estive contento e dámoslle de comer cada día un pouquiño para que medre moito, moito,... 





Peixes en infantil

Á volta das mini-vacacións antroideiras a familia de educación infantil aumentou; temos un "inquilino" en cada aula e xa lle puxemos nomes. Estamos moi contentos... 

NEMO


DORADO


DIAMANTE


luns, 6 de marzo de 2017

Visita ao Aquarium Finiesterrae

O pasado 26 de xaneiro o alumnado de infantil e primaria fomos de visita ao AQUARIUM FINISTERRAE de A Coruña.
As fotos non teñen moi boa calidade e luminosidade dado que está prohibido o uso do flash.



Plantamos brócoli, coliflor e coles

Ao fin apareceu un bo día e os maiores de infantil non perdemos a ocasión de ir á horta para empezar a nosa plantación. O primeiro que fixemos foi preparnos para tan ardua tarefa. 


O continuación tocou "remexer" un pouquiño a terra para preparala. 


Logo plantamos o brócoli e a coliflor facendo buracos



Para plantar as coles fixemos un rego, colocámolas e logo tapámolas. 


Regamos todo e listo!!! Pasámolo xenial. En seguidiña repetiremos, se segue este bo tempo.

sábado, 4 de marzo de 2017

Cociñamos no Entroido

Aproveitando que onte viñemos cases todos disfrazados, decidimos levar a cabo outra sesión do noso Taller de Cociña.
Os vagalumes de tres anos fixemos antifaces




Os vagalumes de catro, gorros de bruxa




E os vagalumes maiores... flores de entroido