E rematamos a nosa segunda semana de froita fresca nos recreos tomando melocotón. Que rico!!!
venres, 28 de abril de 2017
xoves, 27 de abril de 2017
mércores, 26 de abril de 2017
MÉRCORES: MAZÁ
Hoxe tocou mazá. Só temos fotiños dos vagalumes de infantil porque os de primaria marcharon de excursión, pero non se esqueceron de levar candasúa mazá.
martes, 25 de abril de 2017
luns, 24 de abril de 2017
LUNS: UVAS
Comendo uvas arrincamos a segunda semana de froita fresca nos recreos. Queres ver fotiños??? Preme na imaxe.
luns, 17 de abril de 2017
Instituto Galego de Consumo
Antes das ansiadas vacacións de Semana Santa, o día 7 de abril, os peques de infantil e os de 1º e 2º de primaria visitamos o Instituto Galego de Consumo; se queres ver o que alí fixemos preme na imaxe.
sábado, 8 de abril de 2017
Comemos algas
O pasado mércores os vagalumes de 5 anos comemos algas. Sabemos que estas pódense comer crúas ou cocidas. Fixémolas dos dous xeitos e invitamos a probalas aos nosos compis de 4º e 5º de infantil.
A mestra mercou dous tipos de algas: unhas naturais, só prensadas pero tal cual son collidas do mar, e outras procesadas en láminas.
Ulímolas e comprobamos que as prensadas tiñan olor a mar e as procesadas non.
Para comelas crúas hai que deixalas a remollo uns 15 minutos e para cocelas precísase máis ou menos uns 30 minutos. As crúas probámolas todos, pero as cocidas só uns poucos nos atrevemos...
Queredes velo??? Premede na imaxe e veredes
venres, 7 de abril de 2017
Plantamos pementos, tomates e allos
Que ben o pasamos onte no horto. Nesta ocasión tocou plantar pementos, tomates e allos. Premede na foto e veredes.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)