xoves, 18 de maio de 2017

SEMANA DA MERENDA SAUDABLE

A semana do 15 ao 19 de maio organizamos unha semana saudable e ofrécemoslle aos alumnos unha merenda saudable cada día para que coman no recreo


LUNS 15 DE MAIO ,  empezamos a semana comendo froita variada 
MARTES 16  DE MAIO , IOGUR  NATURAL  feito polos alumnos de 1º coa profe de Bioloxía
       XOVES 18 DE MAIO . FRUTOS SECOS . 
       VENRES 19 DE MAIO DIVERSOS TIPOS DE PAN CON ACEITE E ALLO .

venres, 12 de maio de 2017

xoves, 11 de maio de 2017

XOVES: CEREIXAS

E hoxe tocaron cereixas. Que boas que estaban. Ricas, ricas,... Premendo na foto máis fotiños

https://photos.google.com/share/AF1QipNu246ZYINqU1fUE7WapbHc9howxQ-P4xbGphvCMERQ2K5VCXMv6Evt0osFxbETJQ?key=aUs3NGE2MGJOZk05SEhQczJQZmpRQTBCQzIxMFhn

martes, 9 de maio de 2017

luns, 8 de maio de 2017

LUNS. MELOCOTÓN

Arrincamos a terceira semana de distribución de froita fresca nos recreos tomando melocotón. Fotiños premendo na imaxe.

https://photos.google.com/share/AF1QipMP2D99TGTU_hNuPDMxa8Xk8L9-3ugEhaEnaxxXVP52Qm2WFi_i__MMQcl3zTvFcw?key=dHFhN0M1U0d2eF9Ob3RheENYRkFtb2pYNU8zbTRB

sábado, 6 de maio de 2017

Imos á lonxa e porte de Sada e ao museo do mar de Mera

Que día máis xenial pasamos onte os vagalumes de infantil e os compis de primeiro de primaria. E que sorte tivemos porque o tempo comportouse bastante ben.
Viaxamos ata Sada para visitar a Lonxa e o Porto, logo tomamaos unha merendola de productor do mar e fomos ata a Aula do Mar de Mera. Un dia 10.

xoves, 4 de maio de 2017

Un día na horta de infantil

Hoxe os vagalumes de 5 anos fixemos outra visita á horta e levamos unha sopresa.... non sabemos que bicho foi pero arrincounos todos os tomates e pementos😢😢😢😢. 

Na xornada de hoxe fixemos moito, moito traballo. Primeiro quitamos as herbas ao brócoli, coliflor e coles. 


Logo fixemos un semilleiro de perixel e metémolo no noso mini-invernadoiro. 


Finalmente, prantamos unhas fresiñas que trouxo a profe (haber se non nolas levan os paxariños) e transplantamos os guisantes que tiñamos en algodón. 



Froita fresca novamente


Cociñamos pola Pascua

Os vagalumes da Ponte xa sabemos que é importante manter unha boa alimentación para ter unha boa saúde; pero... de cando en vez unhas "larpeiradas" non veñen mal. Non credes? E a Pascua foi o momento ideal para facelas. 

Os vagalumes de 3 aniños fixemos unhas piruletas de chiculate que estaban.... boísimas. Premede na imaxe e veredes.

https://photos.google.com/share/AF1QipN2mho2rZ_L1EwBV9pyX5JfnvWjOo9p_QqCeASgVOcKVVNxL7cF5wnBmd9mTf2pDA?key=bzA2RU9JZE04ajYwTW5sQ01vWVk0VS1BZzBOUTVn


Os vagalumes de 4 anos fixemos unha receita moi sinxela: masa de hojaldre e nutella.
Todos colaboraron na súa elaboración aínda que a algúns non lles gustou moito outros ata repetiron.
Aquí vos deixamos un collage dos cociñeiros!




Os vagalumes de 5 anos....TORRIXAS, tanto nos gustaron o ano pasado que quixemos repetir. E saíronnos riquísimas. Premede na imaxe e veredes.

mércores, 3 de maio de 2017

Plantamos lentellas

Hoxe os vagalumes de 4 anos decidimos plantar na clase unhas lentellas e ver como van medrando, aquí vos deixamos algunhas mostras.