luns, 14 de maio de 2018

ANALIZANDO OS ALIMENTOS


UNHA ANÁLISE DE ALIMENTOS, polo 3º e 4º de educación primaria. 

As nosas comidas deben conter alimentos variados para que nos proporcionen nutrientes de todos os tipos: proteínas, hidratos de carbono, vitaminas,... e tamén graxas; tal e como acabamos de ver no tema da NUTRICIÓN.

O obxectivo deste experimento é coñecer a cantidade de graxas que teñen alimentos habituais coma a mazá, o iogur, o chocolate, a manteiga e as patacas fritidas.

Materiais empregados: cartolina, algodón, tesoiras, pinzas e mostras de alimentos.

Experimento: cortamos cachiños dos alimentos e tratamos de untar a cartolina con cada un deles. Deixamos secar ata o día seguinte e comprobamos que os alimentos que teñen máis mancha son os de máis graxas, concretamente as patacas fritidas e a manteiga.

Conclusión: os alumnos e alumnas rematan concluíndo que aquel alimento que máis lles gusta (as patacas fritidas) son os que máis graxa teñen.





























































venres, 4 de maio de 2018

Froitas con chiculate!!!

Os peques de 5º de infantil estiveron moi atarefados cociñando; fixeron plátanos e amorodos con chiculate. Estaban boísimos, pero... o mellor de todo foi arrepañar o chiculate que sobrou. QUE RICO!!