luns, 14 de decembro de 2020

Arcimboldo

En 4º de Infantil estamos traballando a Arcimboldo e relacionámolo coas estacións faremos un "Arcimboldo personalizado" de cada unha de nós en cada estación. No outono, empregamos froitos do outono. Mirade que chulo:



luns, 28 de setembro de 2020

FROITA FRESCA NOS RECREOS

 Durante este curso 2020-2021 participamos, un ano máis, no Programa escolar de consumo de froita fresca nas escolas, que reparte froita fresca para o alumnado durante os recreos.


xoves, 10 de setembro de 2020

Arrincamos!!!

Arrinca o curso 2020-2021. E abrimos este espazo para amosarvos cousiñas relacionadas co PLAN PROXECTA: froita na escola e horto escolar. Estade atentos e...



luns, 1 de xuño de 2020

Horta infantil

Os vagalumes de infantil inauguramos a nosa horta aló polo 10 de outubro. Unha horta nova!!! que o noso conserxe nos preparou no verán. Grazas Suso!!!.
Así nos foi, jaja:


Logo viñeron as xiadas e... a nosa plantación desapareceu, bueno iso foi o que nos pareceu. Logo o frío e a choiva e decidimos que ata a primavera non iamos poder volver, a pesares de que a nosa plantación parecía que "reviviía". Logo vou o COVID-19 e... xa imaxinades. O 26 de maio a profe foi ao cole e dedicidiu achegarse á horta porque vía moitas malas herbas e follas pero polo medio parecía que as coles, polo menos, seguían ahí.






  Pero unha vez alí.... SORPRESAAAAA!!!! Hai algo da nosa cosecha, mirade mirade


Os repolos e coliflores "reviviron" e medraron moito moito, listos para comer!!!

domingo, 12 de xaneiro de 2020

Brochetas de Papá Noel

Que ricas nos sairon as Brochetas de Papá Noel e que ben combina a froita co doce, jaja. Premendo na imaxe máis fotiños


sábado, 11 de xaneiro de 2020

Sandwiches de nadal

Na primeira semana de xaneiro despois das vacacións de nadal, os vagalumes puxémonos mans á obra cunha tarefa que nos quedara pendente, o noso taller de cociña. A ver que vos parece!!