Hoxe tocou des-FRUTA-r con uvas.....
xoves, 29 de abril de 2021
domingo, 25 de abril de 2021
Fresas en palés
Pois tiñamos varios palés polo cole e decidimos darlles uso, un novo uso. O noso conserxe Suso preparounos e montounos para facer o noso horto de fresas. E o xoves fomos plantalas, xa estamos desexando que saian....
xoves, 22 de abril de 2021
sábado, 17 de abril de 2021
5º de infantil vai de horta!!!
Pois sí, tamén o grupo de 5º de educación infantil puxo os seus pés na horta ese queres ver como lles foi a xornada preme na imaxe
Cos pés na horta!!!
Cos pés na horta estivo o venres o alumnado de 1º de educación primaria. Foi unha xornada productiva, plantaron patacas, acelgas, tomates, pementos,... Mirade, mirade que ben o pasaron e, sobre todo, que ben o fixeron!!!
xoves, 15 de abril de 2021
Plantamos!!!
Hoxe as máis peques do cole fomos plantar á horta!!! Moitas cousiñas: patacas, cebolas, repolo, leituga, pementos e tomates.
Mira que guapas nos puñemos😏😏 e se premes na imaxe verasnos traballando!!!
mércores, 14 de abril de 2021
Inauguramos o noso horto!!!
Onte, as vagalumes de 4º de infantil inuauguramos horta!!!. Non foi como tiñamos planeado porque nos empezou a chover e tivemos que recoller o "plantío" que deixamos no invernadeiro; pero enseguida atopamos alternativa: fixemos semilleiros no patio: perixel, fresas, xudías e cenoiras!!!. Pronto volveremos e plantaremos
Experimentos con sementes
O luns 12 de abril as vagalumes de 4º EI fixemos un experimento con lentellas e fabas pera ver como xermina e van medrando. Nunha bolsiña de conxelar puñemos algodón e logo unhas lentellas e fabas. Botámoslle un pouco de auga e colgámolas nas ventás para que lles dea o calorciño e teñan efecto invernadoiro. Así iremos vendo como empezan a xerminar e como van medrando.
HOXE XA ESTÁN EMPEZANDO A SAÍR AS LENTELLAS!!!
xoves, 8 de abril de 2021
Amorodos, ricos ricos!!!
Hoxe tomamos AMORODOS!!! E non fresas; en galego as fresas son apeiros de labranza que serven para puír ou furar; tamén unha ferramenta de aceiro para facer máis grosos os furados dunha peza de metal ou de aceiro, pero non son unha froita.