ENQUISA ALIMENTACIÓN INFANTIL E PRIMARIA
ENQUISA ALIMENTACIÓN SECUNDARIA
ANÁLISE DAS ENQUISAS
EDUCACIÓN INFANTIL
Todos a excepción de un toman un lácteo , un bocadillo ou sandwich ou froita a media mañá .
Todos comen non comedor do centro ao mediodía . Os alimentos que menos lles gustan e menos comen son en este orden pizza, verdura, peixe e hamburguesa . Os argumentos que esgrimen van desde que están malos e lles dan noxo ata que lles custa preparalos ( pelalos, limpalos, cortalos...).Dous alumnos especifican que lle sentan mal eses alimentos porque son alérxicos.
En canto aos alimentos que máis lles gustan son a carne e a pasta seguidos do ovo , do peixe ,da pizza e froita. Esta información sobre a pizza choca co que afirmación dada anteriormente de que non lles gusta ou non a comen , co cal deducimos que lles gusta pero que a comen poucas veces.
A maioría picotean sempre ou de cando en vez ; so oito do alumnado di non facelo . Cando comen algo fóra das comidas , soe ser un lácteo , chiculate , zume , froita ou bocata.
Gran parte do alumnado sinala que normalmente xoga no parque cos amigos ou vai andar con familiares .Algúns practican natación , patinaxe ou van en bici . Un está apuntado nun clube deportivo . Tres dos alumnos afirman que so fan exercicio na clase de Educación Física . Aínda así todos afirman que a alimentación e o deporte son importantes para manternos sans.
EDUCACIÓN PRIMARIA
O alumnado de E.P. afirma almorzar ben sempre ou de cando en vez . A maioría toma leite ou outros lácteos con galletas ou cereais , ademais moitos engádenlle froita ou zume . So catro toman soamente un alimento no almorzo : leite , pan , galletas ou croissant.
Todos menos un toman un tentempé a media mañá e case sempre é un bocadillo ou sandwich, unha froita , bollería , un lácteo ou zume .
Todos menos catro comen no comedor escolar . O que menos lles gusta ou non comen son as verduras , o peixe seguidos da hamburguesa , dos doces , das legumes , dos ovos e da froita . A maioría xustifica estas respostas sinalando que eses alimentos lles dan noxo , que están malos ou que lles olen mal . Ademais oito alumnos son alérxicos.
Os alimentos que máis lles gustan por orden de preferencia son : pizza, carne , ovo e hamburguesa . É curioso porque moitos dos alumnos din que non comen estes productos , razón pola que deducimos que non os comen.
A maioría picotea sempre ou de cando en vez e so cinco din non facelo . Cando comen algo fóra das comidas soe ser chiculate , froito, productos de kiosko(chuches, patacas fritidas...),bollería , lácteo ou bocata/sandwich.
Once alumnos afirman só facer exercicio na clase de Educación Física . O resto xoga con amigos no parque , pasea cos pais , fai deporte durante as fins de semana , anda en bici, corre ...Trece sinalan estar apuntados en algún clube deportivo .
En canto a importancia da alimentación e do deporte para manternos sans, a inmensa maioría está dacordo .
ESO
A maioría do alumnado di que todos os días toma no almorzo algo máis que leite e zume . Un sinala que só o fai os fins de semana , dous un día a semana ou menos e dous que nunca almorzan.
Tod@s menos cinco toman algún alimento a media mañá e so ser un bocadillo ou sandwich , algunhas veces froita e bollería e poucas veces zume , productos de kiosko (chuches , patacas fritidas...) ou galletas.
Preguntando pola frecuencia con que toman distintos alimentos sinalan:
- A maioría afirma que toma todos os días unha ou máis veces froita, zume natural , leite ou outro producto lácteo e pan .
- A maioría toma verduras, pescado , ovos , arroz e pasta dous ou catro días á semana .
- En canto a carne , a maioría tómaa entre dúas e seis veces á semana.
- So toman comida precociñada ( pizza , lasaña, hamburguesa , fritos...) como máximo un día á semana.
- O consumo de doces, aperitivos salados , refrescos ... fano de dúas a catro veces á semana..Algúns non os toman nunca .
- Á maioría non lles gustan ou non proban as legumes e verdura . A outros non lles gustan nin os doces nin a bollería nin o pescado e xustifican as súas respostas dicindo que están malos .
- Os alimentos que máis lles gustan son a carne e a pasta seguidos de pizza , leite e lácteos.
- Tod@s agás seis afirman picotear sempre ou as veces fóra das comidas . O que toman é froita , bocadillo ou sandwich seguidos de chiculate e bollería .
- Todos menos oito sinalan que o seu peso é normal . Destes oito , catro din que o seu peso é baixo e catro que está por riba do normal .A maioría nunca fixo dieta para perder peso , cinco algunha vez e dous estana facendo.
- Dous provocaron o vómito, tomaron pastillas ou fixeron exercicio excesivo para perder peso . O resto nunca .
- En canto a práctica de exercicio físico , nove alumnos non fan deporte ou só na clase de Educación Física . O resto faino normalmente ben sexa andando , xogando na rúa cos amigos ou facendo deporte na fin de semana . Ademais 10 están apuntados nalgun clube deportivo e entrenan con frecuencia.
- A maioría están interesados en coñecer algo máis sobre alimentación saudable.
- CONCLUSIÓNS E HÁBITOS A CORRIXIR
- Como podemos observar despois de analizar os resultados das enquisas , @s nen@s do noso centro non comen demasiada comida basura porque viven en zonas rurais e na maioría dos casos os seus proxenitores son labregos e gandeiros . Sen embargo hai algúns productos que non consumen demaisado como son o peixe e as leguminosas e a través das distintas actividades do Proxecta como os talleres de "O sabor da aventura está no mar " , tentaremos que consuman máis peixe . En canto as legumes , o ano 2016 foi o ano das legumes segundo a OMS e así se lles explicou na asinatura "Promoción de hábitos saudables " e quedou reflictido na exposición que hai na entrada do edifico de Secundaria .
- ENQUISAS DE FINAL DE PROXECTO
Despois de todas as activiades realizadas , imos analizar o que conseguimos e o que nos queda por conseguir .
ENQUISAS PARA PRIMARIA
ENQUISAS PARA SECUNDARIA
ANÁLISIS DA ENQUISA DE PRIMARIA
ENQUISAS PARA PRIMARIA
ENQUISAS PARA SECUNDARIA
ANÁLISIS DA ENQUISA DE PRIMARIA
O 67.3% do alumnado recoñece que agora come máis peixe e o 91.8% máis carne .
Recoñecen que probaron alumnos que antes non comían , so 4 non probaron ningún . Dos alimentos degustados , unha porcentaxe elevada é de hortalizas e verduras ( bróccoli, xudías...), seguido de produtos do mar e froitas.ç
Todos practicaron deporte este curso , ben no colexio ou fóra. A actividade máis practicada foi o fútbol , seguido de atletismo , baloncesto , balonmán , floorball e natación . Tamén practicaron padel , ciclismo, xogos populares, tenis e zumba .
ANÁLISIS DA ENQUISA DE SECUNDARIA
O 56% do alumnado agora mira as etiquetas dos produtos que compra , cousa que non facía antes .
O 77.4% recoñece que probou alimentos novos e deles a maioría di que foron os alimentos dados no cole nos recreos e na materia de hábitos saudables . Foron alimentos como : grosellas , arándanos , froitos secos , maracuiá, iogur feito na casa ...
A maioría afirma saber que cambios debe facer na dieta e a metade xa fixo algún ( comer máis saudable, máis verdura , máis legumes , menos carne, menos doces, máis froita ...)
Ao alumnado gustoulle que se fixera un horto ecolóxico no centro . Ao 54.8% pareceulle moi ben e o 32.3% ben .
O 74.2% di ser coñecedor de transcendencia ecolóxica dos hábitos de consumo e alimentación .
Ao 93.5% pareceulle suficiente o que aprendeu sobre alimentación suadable pero aínda así a metade do alumnado interésalle coñecer algo máis.
CONCLUSIÓN
Está claro que conseguimos os obxetivos máis importantes :que sexan conscientes do que comen , que proben cousas novas e que coman mellor .
ANÁLISIS DA ENQUISA DE SECUNDARIA
O 56% do alumnado agora mira as etiquetas dos produtos que compra , cousa que non facía antes .
O 77.4% recoñece que probou alimentos novos e deles a maioría di que foron os alimentos dados no cole nos recreos e na materia de hábitos saudables . Foron alimentos como : grosellas , arándanos , froitos secos , maracuiá, iogur feito na casa ...
A maioría afirma saber que cambios debe facer na dieta e a metade xa fixo algún ( comer máis saudable, máis verdura , máis legumes , menos carne, menos doces, máis froita ...)
Ao alumnado gustoulle que se fixera un horto ecolóxico no centro . Ao 54.8% pareceulle moi ben e o 32.3% ben .
O 74.2% di ser coñecedor de transcendencia ecolóxica dos hábitos de consumo e alimentación .
Ao 93.5% pareceulle suficiente o que aprendeu sobre alimentación suadable pero aínda así a metade do alumnado interésalle coñecer algo máis.
CONCLUSIÓN
Está claro que conseguimos os obxetivos máis importantes :que sexan conscientes do que comen , que proben cousas novas e que coman mellor .
Ningún comentario:
Publicar un comentario