FAI ECO DO LÓXICO-HORTO ECOLÓXICO
1º ESO: En novembro, plantaron castañas e noces en tetrabriks que logo enterraron e cubriron con follas para manter humidade axeitada. Tamén prepararon un bancal para realizar o seu proxecto de investigación científica: estudo da taxa de xerminación en función da data da plantación ( novembro e xaneiro).
Como actividade transversal, recolleron ditos populares no seu entorno relacionados co allo.
Completaron este trimestre coa limpeza de malas herbas no bancal dos amorados.
4º ESO: Prepararon un novo bancal para realizar o seu proxecto de investigación; estudo da taxa de xerminación dos chícharos en función da profundidade á que se planten.
Ningún comentario:
Publicar un comentario