sábado, 4 de xuño de 2022

FOTOGRAFÍAS GAÑADORAS DO CONCURSO DE MERENDAS SAUDABLES

Deixamos de seguido as tres instantáneas gañadoras do Concurso fotográfico de merendas saudables. Parabéns ás gañadoras! E volvemos a darvos as gracias a todos e todas as que participastes!




DEGUSTACIÓN DE FROITA

Despois de dúas semanas nas que diariamente o alumnado probou diferentes froitas do programa Froita na escola, o 25 de maio, organizamos en ESO un posto co mesmo fin: fomentar o consumo da froita de tempada. 





xoves, 2 de xuño de 2022

FOTOGRAFÍAS PARTICIPANTES NO CONCURSO DE MERENDAS SAUDABLES

Velaquí están as fotografías presentadas ao concurso de merendas saudables que organizamos entre o 9 e o 25 de maio. GRACIAS POR PARTICIPAR!

 

Categoría Infantil, 1º e 2º. 





Categoría 3º a 6º 

 






Categoría ESO




martes, 17 de maio de 2022

DEGUSTACIÓN DE CONSERVAS

 O pasado 26 de abril o alumnado de 4º e 5º de infantil e 1º, 2º, 3º e 5º de primaria levaron a cabo a degustación de conservas. Pero antes o alumnado de 5º EP, que tamén participa no proxecto, explicounos a funcionalidade dos códigos de cores nos envases e así soubemos que uns teñen máis calidade nutricinal ca outros en función da cor e da letra do envase. Tamén xogamos un pouquiño a clasificalos. 

Despois un pase polo bufet de produtos do mar, onde nos explicaron as características de cada produto: atún, caballa, zamburiñas, sardinillas, mexilóns, calamares na súa tinta e agullas. 

E xa estamos listos para degustar..., que rico estaba todo!!!. Preme na imaxe e verás.


luns, 9 de maio de 2022

COMEZA O CONCURSO FOTOGRÁFICO DE MERENDAS SAUDABLES

 

Pica nos enlaces

 Bases do concurso (Infantil e Primaria).


Bases do concurso (ESO).

 

Hoxe 9 de maio, abrimos o prazo para participar no Concurso fotográfico de merendas saudables. 

Lembrade que cada participante só poderá enviar unha foto na que apareza unha merenda sa, que pode ser doce ou salgada. Na instatnánea, non poden aparecer persoas, só a merenda que queirades compartir. 

Podedes achegar a vosa foto ata o día 25 de maio enviándoa ao correo que atoparedes nas bases do concurso. 


 ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR E COMPARTIR IDEAS DE MERENDAS SAUDABLES!!!


 

mércores, 27 de abril de 2022

BANDA SONORA FAI CLIC AO BOCATA

 O alumnado de 4º e 5º de educación infantil e o profe de música, Fran, fixeron a banda sonora para o plan proxecta: fai clic ao bocata. Así quedou o videoclip

martes, 26 de abril de 2022

OBRADOIRO DE ETIQUETAXE DE PRODUTOS ALIMENTARIOS

 O alumando de 5º de Primaria asistiu a unha sesión de análise da etiquetaxe de produtos alimentarios a cargo das compañeiras e compañeiros de 1º e 2º de ESO. Apoiados en envases de conservas e outros produtos, trataron de xeito individualizado aspectos como o valor nutricional, os ingredientes, data de caducidade e de consumo preferente... Velaquí varias instantáneas do momento.









mércores, 30 de marzo de 2022

MINIPIZZAS DE AMOR

 O pasado 14 de febreiro o alumando de 4º e 5º EI. e 1º, 2º, 3º, e 5º EP elaboraron unhas MIINIPIZZAS super-AMOROSAS. 

Así foi o proceso, clica na foto e verás




luns, 28 de marzo de 2022

OBRADOIRO DE ETIQUETAS

O alumnado de 2º de ESO, que cursa a materia de Hábitos de vida saudable,  realizou dúas sesións de formación sobre a interpretación de etiquetas de produtos alimentarios destinada ás compañeiras e compañeiros de 1º da ESO. 

Cada alumno documentouse sobre un aspecto concreto da etiquetaxe. Logo elaboraron unha presentación colectiva e cada quen fixo a súa exposición sobre aspectos como: 

- Ingredientes. 

- Aditivos. 

- Valor nutricional. 

- Data de caducidade e data de consumo preferente. 

- Presenza de alérxenos. 

- Simboloxía presente nas embalaxes. 

 

Deste xeito, pretendemos que a totalidade do alumnado do centro teña formación na interpretación dos envases dos produtos alimentarios para que, como consumidoras e consumidores, poidan realizar escollas de alimentos dunha forma crítica e responsable cunha alimentación sa e equilibrada. 

 







 



sábado, 12 de marzo de 2022

DEGUSTACIÓN DE CONSERVAS

 A medidos do mes de febreiro, organizamos unha nova degustación. Nesta ocasión, achegámonos aos produtos do mar a través da proba de diversas conservas: mexillóns, zamburiñas, chipiróns, cabala, ventresca de atún, sardiñas, bocarte e agullas. Acompañdas de pan, galletas mariñeiras, pementos en conserva e tomatiños.

O obxectivo desta proposta, é que o alumnado coñeza novas alternativas de merenda sanas, saudables e fáciles de elaborar. 

De novo, os alumnos e alumnas de 2º de ESO fixeron unha magnífica labor empratando e servindo os produtos a degustar.

Agradecémoslle a Supermercados Froiz e Conservas Jealsa, as doazóns que realizaron en forma diferentes de tipos de conservas para contribuír a que a degustación fora posible.  








xoves, 20 de xaneiro de 2022

ENQUISAS SOBRE AS NOSAS MERENDAS

 Velaquí deixamos acceso a catro infografías que recollen os resultados das enquisas sobre os hábitos de merenda que realizaron as familias de Infantil, Primeiro e Segundo de Primaria e o alumnado de 3º a 6º. 

As enquisas agrúpanse do seguinte xeito, pica no enlace de cada unha para acceder a elas: 

- Resultados da enquisa de Infantil

- Resultados da enquisa de 1º e 2º

- Resultados da enquisa de 3º e 4º

- Resultados da enquisa de 5º e 6º


Gracias a todo o alumnado de 3º a 6º por participar e tamén a aquelas familias de Infantil, 1º e 2º que dedicastes uns minutos a cubrir a enquisa.