O alumnado de 2º de ESO, que cursa a materia de Hábitos de vida saudable, realizou dúas sesións de formación sobre a interpretación de etiquetas de produtos alimentarios destinada ás compañeiras e compañeiros de 1º da ESO.
Cada alumno documentouse sobre un aspecto concreto da etiquetaxe. Logo elaboraron unha presentación colectiva e cada quen fixo a súa exposición sobre aspectos como:
- Ingredientes.
- Aditivos.
- Valor nutricional.
- Data de caducidade e data de consumo preferente.
- Presenza de alérxenos.
- Simboloxía presente nas embalaxes.
Deste xeito, pretendemos que a totalidade do alumnado do centro teña formación na interpretación dos envases dos produtos alimentarios para que, como consumidoras e consumidores, poidan realizar escollas de alimentos dunha forma crítica e responsable cunha alimentación sa e equilibrada.
Ningún comentario:
Publicar un comentario